Campus de actividades náuticas no Concello de Nigrán
Este verán O Concello de Nigrán oferta un novo campus de actividades náuticas do luns 15 ao venres 19 de agosto dirixido a todos aqueles participantes nacidos entre 2006 e 2012 coa finalidade de ofertar mais actividades náuticas aproveitando a gran paraxe natural que temos.
As actividades incluidas serán kaiak, paddle surf, bigsup XXL, vela lixeira e bicicleta de montaña ademáis de xogos e outras actividades deportivas de lecer. O custe da semana será de 60 €. As prazas serán por riguroso orde de inscripción ata completar 50 prazas. En caso de superar este cupo, terán prioridade os empadronados no Concello de Nigrán ata o mércores 10/08/2022.
Será necesario saber nadar e para a actividade de vela é necesario a maiores, saber andar en bicicleta xa que o percorrido será polo carril bici que comunica Panxón ata Baiona, actividade impartida polo Monte Real Club de Yates de Baiona.
O campus estará dirixido por monitores de Ayuko Aventura especialistas en náuticas, tempo libre e animación para garantir 100% de aprendizaxe, 100% de seguridade e 100% de diversión.
O horario será de 9:00 a 14:00 horas facendo a entrada e recollida dos participantes no Pavillón de Deportes Municipal de Panxón Xurxo Otero.
Para as inscripcións é necesario cubrir o seguinte formulario de inscripción. É necesario un formulario por cada participante.
Todo o material necesario para as actividades será posto por Ayuko Aventura. O día da bicicleta de montaña non será necesario que os participantes leven a sua bici pero sí será recomendable que leven o seu casco e un chaleco reflectante.
Este novo campus de actividades náuticas súmase a outros campus que dende anos organiza o Concello no verán, coa colaboración de clubs do municipio como son o de patinaxe, fútbol, ximnasia rítmica, surf, tenis, etc. Actividades que buscan chegar a tódolos rapaces e rapazas aproveitando as instalacións e o medio natural do noso Concello.
Como indica ValMiñor TV: «Trátase, xunto co campamento municipal, dunha iniciativa para facilitar a conciliación familiar mediante actividades saudables ao aire libre, en definitiva, é promover o deporte desde a infancia e dando cabida a disciplinas para todos os gustos e a un prezo moi alcanzable», indica o alcalde de Nigrán Juan González.
- Posted by ayukoaventura
- On agosto 2, 2022
- 0 Comment